17/03/2025
O pasado domingo, 16 de marzo, celebrouse a segunda saída do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, que nesta ocasión reuniu a un total de 26 participantes na Ruta Á Cova da Serpe.
A saída, unha das máis emblemáticas da iniciativa posta en marcha polo Concello e o Club Btteiros Cova da Serpe, deu comezo ás 10:00 horas desde a Escola das Negradas, que tamén foi o punto de chegada.
O itinerario contou cun percorrido de 18 quilómetros en total no que se pasou por un dos puntos máis altos da comarca, a Cova da Serpe, que tamén da nome ao club guitiricense. A pesar de contar cun desnivel lixeiramente máis elevado do habitual, o percorrido non supuxo ningún problema para os e as asistentes, que puideron gozar coa bicicleta nunha mañá xélida pero asollada.
A mañá transcorreu sen incidencias, polo que todas as persoas participantes puideron admirar as grandes vistas e participar no avituallamento na cova.
A próxima saída do programa está programada para o domingo 13 de abril, cando se celebrará a Ruta e Feira en Parga.
O artigo A segunda saída do programa ‘BTTeando por Guitiriz’ reúne a máis de 25 participantes publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies