Noticias e alertas

O Concello de Guitiriz anuncia a cuarta edición dos Xogos da Primavera

24/03/2025

O Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca Municipal ‘Casa Habanera’, celebrará desde este 26 de marzo a IV edición dos ‘Xogos da primavera’, unha actividade que convida a pequenos e maiores a redescubrir o clásico xogo da ra en plena rúa.


Esta proposta naceu en 2022 co obxectivo de promover a relación entre os maiores e os nenos do municipio, poñendo en valor os xogos tradicionais e as actividades ao aire libre. A cuarta edición inaugurarase ás 17:30 horas e levarase a cabo todos os mércores durante os meses de primavera.


Os ‘Xogos da Primavera’ celebraranse no lateral da Casa Habanera e telecentro, convertendo o espazo urbano nun punto de encontro para a diversión e a convivencia interxeracional. Con esta actividade búscase estimular a recreación, a comunicación e a socialización entre os maiores e os nenos, así como revalorizar os xogos de onte, promovendo a participación activa das persoas maiores no ensino dos mesmos.


O xogo da ra, coñecido pola súa sinxeleza e emoción, é o gran protagonista. Desafiará aos participantes para afinar a súa puntería lanzando fichas en busca do ansiado salto á ra. Unha oportunidade perfecta para lembrar o valor do xogo en comunidade e compartir un intre inesquecible ao aire libre.


O artigo O Concello de Guitiriz anuncia a cuarta edición dos Xogos da Primavera publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies