Noticias e alertas

Asuntos do pleno ordinario de marzo de 2025

27/03/2025

Recoñecemento Extraxudicial de Créditos. Pleno 1-2025. Aprobada cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e en contra do PP.


Adxudicación do contrato de determinados servizos de axuda no fogar do Concello de Guitiriz. Aprobada cos votos a favor do PSOE e do PP e en contra do BNG.


Bonificacións de ICIO a actuacións de ARI. Aprobada por unanimidade.


Moción PSOE sobre a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes + Engadido do BNG de tres novos puntos (o Pleno do Concello de Guitiriz comprométese a instar ao Goberno central a: 1, cumprir co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o incremento de financiamento ás entidades locais en relación co pacto; 2, melloras e ampliación do Sistema VioGén; e 3, a cumprir co pacto de investidura e incrementar os xulgados especializados en violencia contra as mulleres). Aprobada por unanimidade.


Moción BNG para que o Goberno Municipal adquira compromisos reais e efectivos sobre as melloras para o concello que propuxo o BNG no que levamos de lexislatura. Aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e en contra do PP.


Moción BNG da Plataforma SOS Sanidade Pública para solicitar o apoio á manifestación do día 6 de abril. Rexeitada cos votos en contra do PSOE, a abstención do PP e a favor do BNG.


O artigo Asuntos do pleno ordinario de marzo de 2025 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies