Noticias e alertas

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e A Banda da Loba, concertos da VIII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

07/04/2025

O Concello de Guitiriz realizou hoxe o primeiro anuncio da programación da VIII Festa da Torta de Millo de Guitiriz: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e A Banda da Loba poñerán a nota musical ao evento, que se celebrará o domingo 1 de xuño.


Xabier Díaz interpretará moitas das cancións do seu sétimo disco, ‘Axúdame a Sentir’, acompañado das sobresaíntes Adufeiras de Salitre. Un álbum que reafirma a súa condición como un dos principais expoñentes do folclore galego contemporáneo.


A Banda da Loba, formada por Andrea, Estela, Iria, Marcela e Xiana, inclúe Guitiriz dentro da súa nova xira ‘Lovismo’, o seu último traballo no que exploran e falan sobre o amor e as súas múltiples formas e expresións.


O artigo Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e A Banda da Loba, concertos da VIII Festa da Torta de Millo de Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies