14/04/2025
O pasado domingo, 13 de abril, celebrouse a terceira saída do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, organizado polo Concello de Guitiriz coa colaboración do Club Btteiros Cova da Serpe. Nesta ocasión, foi a quenda da Ruta da Feira de Parga, que reuniu a preto de 40 participantes, algúns chegados desde outras localidades próximas a Guitiriz.
A ruta deu comezo ás 10:00 desde o Colexio de Parga, mesmo punto onde tamén rematou. Entremedias, as e os participantes realizaron un percorrido duns 20 quilómetros pola contorna de Parga. Os ciclistas puideron gozar da tradicional feira e das paisaxes que a rodean.
Logo de varios días de chuvias, o domingo houbo unha xornada primaveral ideal para a práctica deportiva ao aire libre, aínda que o barro foi protagonista. Ao longo do percorrido visitáronse puntos como o miradoiro de San Breixo, San Alberte ou a Ruta da Auga.
A seguinte saída do programa ‘BTTeando por Guitiriz’ está programada para o domingo 11 de maio coa ruta ‘A Chave de Bascuas’, con saída desde Bascuas (San Salvador).
O artigo Preto de 40 persoas participaron na Ruta da Feira de Parga do programa ‘BTTeando por Guitiriz’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies