Noticias e alertas

O domingo 27 de abril volve o programa ‘Guitiriz en Ruta’ coa segunda saída do ano

22/04/2025

Este domingo, 27 de abril, volve o programa ‘Guitiriz en Ruta’ coa que será a segunda saída desta sétima edición da iniciativa de sendeirismo do Concello de Guitiriz. Nesta ocasión, realizarase a Ruta do Río Mera en Lugo, na que será a primeira andaina da edición fóra do concello.


A saída está programada para as 9:00 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz, con regreso estimado en torno ás 14:30 horas. Esta andaina conta cun percorrido circular de 12 quilómetros pola contorna do río Mera e o monte Segade, moi preto da cidade de Lugo. Ten dificultade baixa e conta con pouco desnivel.


As inscricións estarán abertas ata este xoves, 24 de abril, ás 15:00 horas. Poderanse formalizar de xeito presencial na Casa do Concello ou por teléfono, chamando ao 982 370 109. Neste caso, ao tratarse dunha saída fóra do Concello, as inscricións teñen un prezo de 5 euros para empadroados e de 10 euros para non empadroados, que se poderán pagar no momento da inscrición.


A andaina está aberta a un público en xeral, aínda que os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta.


O artigo O domingo 27 de abril volve o programa ‘Guitiriz en Ruta’ coa segunda saída do ano publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies