Noticias y alertas

O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ despídese ata despois do verán coa saída ‘A Chave de Bascuas’ o domingo 11 de maio

05/05/2025

Este domingo, 11 de maio, celebrarase a cuarta saída da sétima edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, organizado polo Concello e o club Btteiros Cova da Serpe. Nesta ocasión será a quenda da saída ‘A Chave de Bascuas’, que será a última antes do verán, cando se fará unha pequena pausa ata o próximo mes de outubro.


A saída está programada ás 10:00 horas desde Bascuas, na parroquia de San Salvador, mesmo punto onde será a chegada. Como sempre, esta ruta está aberta ao público en xeral, pero os menores de idade deben ir acompañados dunha persoa responsable adulta. É obrigatorio levar casco, así como aconsellable equiparse cunha peza de froita e levar auga.


Para participar hai que anotarse previamente no Concello ou a través das redes sociais do Club Btteiros Cova da Serpe. As inscricións estarán abertas ata o xoves anterior a cada saída programada, neste caso ata o xoves 8 de maio.


Sétima edición do ‘Btteando por Guitiriz’


A actividade, que se está a asentar nos últimos anos con moito éxito entre a veciñanza, consiste na realización dunha serie de rutas en bicicleta polos sitios máis característicos do municipio, ademais doutros percorridos por diferentes vilas.


Ademais desta ruta, que será a última antes do descanso do verán, o programa recolle outras tres á volta: O Lado Escuro (12 de outubro), a Ruta Gravel Guitiriz (16 de novembro) e a Ruta de Nadal (14 de decembro). Sempre pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou a outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible.


O artigo O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ despídese ata despois do verán coa saída ‘A Chave de Bascuas’ o domingo 11 de maio publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies