Noticias y alertas

Guitiriz acollerá unha xornada para gozar dos vehículos clásicos o próximo 24 de maio

14/05/2025

O Concello de Guitiriz acollerá unha xornada para gozar dos vehículos clásicos o sábado 24 de maio. Trátase dunha iniciativa que leva por nome ‘Ruta Iberik’ e que está organizada polo Iberik Gran Balneario de Guitiriz en colaboración co Concello, a Escudería Centollo e a Asociación Lucense de Automóviles Antiguos.


Constará de dúas actividades. Por un lado, celebrarase unha exposición de vehículos clásicos na contorna do balneario desde as 17:00 ata as 20:00 horas e, por outro, a veciñanza tamén poderá gozar dun paseo nalgún destes vehículos históricos.


Os interesados en participar poderán inscribirse ata o próximo luns, 19 de maio, a través do correo electrónico info@concellodeguitiriz.com ou chamando ao número de teléfono 982 37 01 09. As inscricións son gratuítas e están abertas a maiores de 12 anos ou que non precisen de sistema de retención infantil.


O artigo Guitiriz acollerá unha xornada para gozar dos vehículos clásicos o próximo 24 de maio publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies