Noticias y alertas

A Escola Habanera acollerá a mostra ‘Fauna esencial’ a partir do xoves 22 de maio

19/05/2025

A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá a mostra ‘Fauna esencial’ de Afundación a partir deste xoves 22 de maio. Trátase dunha exposición que chega ao municipio chairego froito da colaboración do Concello coa citada entidade e con Abanca dentro do proxecto Corrente cultural, unha iniciativa de Afundación que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.


A mostra estará dispoñible para a súa visita ata o 20 de xuño, con entradas completamente gratuítas de luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas e os venres só en horario de mañá.


A exposición está formada por 28 fotografías de gran formato feitas polo naturalista Ezequiel Martínez. Cada imaxe conta cun texto explicativo que recolle datos sobre as diferentes especies, explicando os aspectos máis importantes sobre cada unha delas e creando unha viaxe enriquecedora pola diversidade da nosa fauna.



O artigo A Escola Habanera acollerá a mostra ‘Fauna esencial’ a partir do xoves 22 de maio publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies