20/05/2025
A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz acollerá unha charla formativa en ciberseguridade o próximo martes 3 de xuño. Baixo o nome ‘Ciberseguridade, os teus primeiros pasos’, os e as asistentes aprenderán nocións básicas sobre esta área da informática enfocada na protección, prevención e resposta fronte ás amenzas que afectan aos sistemas e dispositivos dixitais.
A formación está programada de 10:30 a 12:00 horas e será completamente de balde, aínda que é preciso realizar unha inscrición previa ben de xeito presencial, na propia Aula CeMIT, ou de forma telemática a través do teléfono 982 37 00 62.
Para máis información, pódese contactar a través dos correos electrónicos cemit.guitiriz@xunta.gal, biblioteca@concellodeguitiriz.com e no número de teléfono anteriormente citado.
O artigo A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá unha charla formativa en ciberseguridade o próximo 3 de xuño publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies