Noticias y alertas

A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá un ciclo formativo en finanzas impartido polo Banco de España

21/05/2025

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz acollerá o próximo mes de xuño o ciclo formativo ‘Finanzas para todos’, impartido por profesionais do Banco de España. Trátase dunha formación de balde en materia de finanzas que ten por obxectivo dotar á cidadanía dos coñecementos básicos e das ferramentas necesarias para manexar os seus cartos dun xeito responsable.


O ciclo realizarase en seis sesións con temáticas diferentes, programadas para os días 5, 9, 17, 19, 26 e 27 de xuño. Cada unha delas terá unha duración de dúas horas en horario de 10:00 a 12:00 horas.


As inscricións pódense formalizar a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal e no teléfono 982 37 00 62, onde tamén se pode solicitar máis información.


O xoves 5 de xuño será a primeira sesión, na que se ensinará a diagnosticar e planificar as finanzas persoais en tempos de incerteza e explicarase que é e como afecta a inflación.


Para o luns 9 de xuño será a quenda dos consellos prácticos sobre contas, tarxetas e outras formas de pago, así como da información referente ao financiamento dunha compra ou a unha hipoteca.


Na terceira sesión, programada para o martes 17 de xuño explicaranse conceptos como a banca en liña, o comercio electrónico ou o Bizum, así como consellos para protexerse fronte á ciberdelincuencia.


A cuarta sesión, que será o día 19 de xuño, xirará en torno ao efectivo, con consellos para diferenciar os billetes e as moedas lexítimos dos falsos, así como información sobre os dereitos dos consumidores nas operacións en efectivo.


Na penúltima sesión, o 26 de xuño, explicaranse os pagos, os financiamentos e o portal do cliente bancario do Banco de España, así como os recursos e ferramentas que ofrece o Banco de España para a toma de decisións e consultas.


Xa por último, o día 27 de xuño, realizarase unha sesión sobre as finanzas persoais, a protección activa fronte ao fraude e consellos para a elaboración dun orzamento financeiro persoal.




O artigo A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá un ciclo formativo en finanzas impartido polo Banco de España publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies