Noticias y alertas

A Aula CeMIT acollerá un campamento dixital para a mocidade durante os meses de verán

22/05/2025

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz acollerá un campamento dixital para a mocidade durante os meses de verán. Trátase dunha actividade organizada en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios na que os e as asistentes aprenderán sobre competencias dixitais.


A formación é completamente de balde e está destinada á rapazada de entre 9 e 13 anos. As prazas son limitadas, polo que haberá que realizar unha inscrición previa no correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou no teléfono 982 37 00 62. O prazo para inscribirse estará aberto ata o próximo 19 de xuño.


As persoas inscritas poderán elixir realizar este campamento dixital en dous períodos diferentes. O primeiro deles será durante o mes de xullo, entre os días 14 e 24, e o segundo será no mes de agosto, entre os días 4 e 14. Ambas opcións contarán cos mesmos horarios, de 10:30 a 13:30 horas, e coa mesma formación.


Os campamentos dixitais terán contidos e actividades adaptados para cada idade, con aventuras, misións e retos adaptados á cativada. En cada aventura, os participantes irán adquirindo novas competencias para utilizar a Internet e as ferramentas dixitais de xeito útil, creativo, seguro e responsable.


Por exemplo, aprenderán a buscar información de valor na Internet, coñecerán as ferramentas para crear contido dixital, consellos para controlar o tempo fronte ás pantallas ou a detectar e previr situacións de ciberacoso, entre outros aspectos.


O artigo A Aula CeMIT acollerá un campamento dixital para a mocidade durante os meses de verán publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies