Noticias y alertas

O Concello abre o prazo para anotarse na viaxe a Baiona-Virxe da Roca e Fortaleza

22/05/2025

O Concello de Guitiriz abre este venres, 23 de maio, o prazo para anotarse na excursión organizada por Lucsa Viaxes a Baiona-Virxe da Roca e Fortaleza, na que colabora o propio Concello. Está programada para o próximo 12 de xuño e será de día completo, con saída ás 8:00 horas desde o Campo da Feira e regreso ás 21:00 horas.


As inscricións estarán abertas ata o próximo 6 de xuño e teñen un prezo de 50 euros, no que se inclúe o transporte en autobús, o almorzo e o xantar, composto este último por arroz caldoso, bacallau, sobremesa e café.


As prazas son limitadas e pódense formalizar de xeito presencial na Oficina de Turismo do Concello de Guitiriz. Será preciso que se anoten un mínimo de 40 persoas para que se poida realizar a viaxe e terán preferencia os empadroados.


Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 982 37 01 09.


O artigo O Concello abre o prazo para anotarse na viaxe a Baiona-Virxe da Roca e Fortaleza publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies