28/05/2025
Co obxectivo de facilitar o aparcamento de vehículos na VIII Festa da Torta de Millo o Concello habilitará para este domingo, 1 de xuño, tres aparcadoiros gratuítos nas inmediacións do Campo da Feira, que se poden ver na imaxe e que están xeolocalizados no seguinte enlace: https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=11Mtcjj0kIsclYVAGuXVym-P4tPMmZnc&ll=43.1831014012184%2C-7.896050750000012&z=15
En canto ao tráfico, estará prohibido estacionar e o tráfico de camións e vehículos de gran tamaño desde o xoves 29 de maio ás 17 horas ata o luns 2 de xuño ás 15 horas na contorna da praza. Tamén estará cortado o tráfico o domingo 1 de xuño desde as 7:00 ata as 00:00 horas no Campo da Feira e na rúa do Mercado. Ademais, para os veciños de Sesulfe, rúa As Costaneiras, Travesía das Costaneiras e rúa Candea estará habilitado o acceso por detrás da igrexa e a rúa Río Forxá, mentres que a saída de Sesulfe , rúa As Costaneiras, rúa Candea e Travesía das Costaneiras será pola rúa Río Forxá e rúa Deputación.
O artigo Dispositivo de aparcamento e tráfico para a VIII Festa da Torta de Millo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies