Noticias y alertas

A VIII Festa da Torta de Millo aséntase como unha cita gastronómica e musical de referencia na provincia

02/06/2025

O Campo da Feira de Guitiriz volveu a acoller, un ano máis, a celebración da Festa da Torta de Millo, que neste 2025 acadou a súa oitava edición asentándose como unha cita gastronómica, musical e cultural de relevancia na provincia de Lugo.


A festa deu inicio ás 11:00 horas coa apertura da mostra de artesanía e dos postos de venda e degustación da torta de millo dos tres establecementos artesáns do municipio que a preparan; Panadería David, Pastelería Gómez e Panadería La Esquina, que foron os grandes protagonistas.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, achegouse ata os postos para amosar o seu agradecemento “pola vosa labor constante ao longo do ano, coa que contribuídes á proxección de Guitiriz a través dun produto emblemático, tradicional e da nosa terra como é a torta de millo, que hoxe poden degustar todos os visitantes que están aquí gozando dunha cita que xa é unha tradición na provincia de Lugo”.


Ademais da torta de millo, a música foi a outra gran protagonista nesta festividade, cunha clara aposta pola música galega en todas as súas variantes. Así, celebráronse os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e da Banda da Loba, os dous cabezas de cartel, e outras actuacións musicais a cargo das pandereteiras de  ‘Na Casa Zoqueiro’ ou da Escola de Música do Concello.


Por outra banda, durante toda a xornada houbo xogos tradicionais e populares, exposicións, postos de comida e tamén actividades para os máis pequenos, ademais dos 24 postos de artesanía instalados na praza.


O artigo A VIII Festa da Torta de Millo aséntase como unha cita gastronómica e musical de referencia na provincia publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies