Noticias y alertas

O alumnado do CEIP Lagostelle realiza unha campaña polo Día do Medio Ambiente para concienciar sobre os riscos de tirar cabichas e lixo ao chan

05/06/2025

O alumnado de 3º de Educación Primaria do CEIP Lagostelle do Concello de Guitiriz puxo en marcha unha campaña para concienciar á xente sobre os riscos de tirar cabichas e lixo ao chan e do hábito de fumar, enmarcada dentro da conmemoración do Día do Medio Ambiente, celebrado o 5 de xuño.


A cativada saíu ás rúas do concello a pegar carteis feitos por eles mesmos con distintos lemas a prol do medio ambiente, con mensaxes sobre o risco medioambiental que supoñen o tirar cabichas e lixo ao chan e o hábito de fumar.


Esta iniciativa ten a súa orixe na visita da cativada ao Concello de Guitiriz de hai varios meses, cando participaron nun pleno infantil coa alcaldesa do municipio, Marisol Morandeira, e máis membros do goberno local.


Neste pleno, as nenas e nenos puideron realizar varias preguntas e trasladar as súas propostas. Entre elas, estaba a súa preocupación pola problemática das cabichas e do lixo no chan polo seu potencial contaminante, acordando co Concello a posta en marcha desta campaña coa que se busca concienciar e darlle visibilidade a esta cuestión.


Así, unha trintena de alumnos empezaron a traballar neste proxecto, impulsado polos profesores do centro, Jesús Somoza e Beatriz Suárez, dentro da materia de Ciencias Sociais.


Durante as últimas semanas, deseñaron os seus propios lemas e carteis para, aproveitando a efeméride, repartilos por Guitiriz e trasladar esta importante mensaxe aos seus veciños e veciñas. Dentro de varias semanas, o alumnado volverá a saír ás rúas para recoller os seus carteis e non contribuír á contaminación, dando por concluído este proxecto.


O artigo O alumnado do CEIP Lagostelle realiza unha campaña polo Día do Medio Ambiente para concienciar sobre os riscos de tirar cabichas e lixo ao chan publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies