Noticias y alertas

Aberto o prazo de inscrición para as actividades de verán na piscina municipal

05/06/2025

O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición para as actividades de verán na piscina municipal. Neste 2025, realizarase un curso de natación, destinado á cativada nacida entre os anos 2013 e 2021 (ambos incluídos), e un curso de mantemento e rehabilitación acuática, destinado a persoas adultas.


O prazo estará aberto ata o próximo venres 20 de xuño e as persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a través da Sede Electrónica (guitiriz.sedeelectronica.gal) ou de xeito presencial no Rexistro do Concello en horario de 8:30 a 14:30 horas. Será preciso facer constar o correo electrónico na solicitude e anexar a tarxeta sanitaria da persoa participante.


As prazas son limitadas e serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición, con preferencia para os empadroados. Ambas actividades teñen un prezo de 15 euros ao mes.


Os cursos de natación darán comezo o mércores 2 de xullo e levaranse a cabo todos os luns e mércores de xullo e da primeira quincena de agosto. Haberá dous grupos, un de 12:00 a 12:45 horas e outro de 12:45 a 13:30 horas, cun total de 20 participantes.


Por outra banda, as clases de mantemento e rehabilitación acuática para adultos empezarán o martes 1 de xullo e celebraranse todos os martes de xullo e da primeira quincena de agosto de 12:00 a 13:30 horas.


Para máis información, no teléfono do Concello 982 370 109 ou no correo electrónico info@concellodeguitiriz.com. Podes descargar a solicitude de inscrición na ligazón situada debaixo da noticia.


SOLICITUDE ACTIVIDADES PISCINA MUNICIPAL 2025


O artigo Aberto o prazo de inscrición para as actividades de verán na piscina municipal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies