Noticias y alertas

A Escola de Música Municipal de Guitiriz organiza un campamento musical a finais do mes de xuño

17/06/2025

A Escola de Música Municipal de Guitiriz organiza un campamento musical a finais do presente mes de xuño. Terá unha duración de catro días, estando programado para o 25, 26, 27 e 30 de xuño, con horario de 10:00 a 13:00 horas todas as xornadas. O campamento celebrarase na propia Escola de Música Municipal.


Nesta iniciativa, pensado para a cativada dos 3 aos 12 anos, haberá arte, danza, deporte, xogos e, como non podía ser doutro xeito, música. Conta con prazas limitadas, polo que será preciso realizar unha reserva previa mediante o pago dunha cota de 25 euros, ademais de enviar o xustificante de pago ao número de teléfono 628 63 15 57 a través da aplicación WhatsApp.


Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto no teléfono anteriormente citado.


O artigo A Escola de Música Municipal de Guitiriz organiza un campamento musical a finais do mes de xuño publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies