Noticias y alertas

Guitiriz despide os Xogos da Primavera 2025 cunha disputada III Copa Xogo da Ra

19/06/2025

Onte, mércores 18 de xuño, o Concello de Guitiriz celebrou a clausura dos ‘Xogos da Primavera 2025’ coa disputa da III Copa Xogo da Ra. A competición tivo lugar no exterior da Escola Habanera.


Esta actividade lúdica e interxeracional ten por obxectivo revalorizar os xogos de onte e promover a relación e a socialización entre maiores e nenos, sendo xa toda unha tradición no municipio guitiricense.


Na competición participaron unha decena de persoas, entre elas a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, quen resultou a gañadora do certame. Completaron o podio Fernando Mayer, segundo clasificado, e Pilar Iglesias, terceira.


Os tres primeiros clasificados recibiron un trofeo e un diploma, pero todos os participantes foron obsequiados cun agasallo realizado polo Centro de Día e a Aula CeMIT, formado por un doce e unha pequena ra elaborada con impresora 3D.


O artigo Guitiriz despide os Xogos da Primavera 2025 cunha disputada III Copa Xogo da Ra publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies