19/06/2025
O Concello de Guitiriz acollerá o próximo domingo 22 de xuño o espectáculo de maxia ‘Momentos Máxicos’, a cargo do Mago Jorge Lorenzo. Será na praza do Campo da Feira a partir das 19:00 horas e conta con entrada libre e gratuíta.
Esta actuación, enmarcada dentro do programa ‘Cultura no Camiño’, está destinado a todos os públicos. Trátase dun espectáculo que cativará a nenos e adultos, levándoos nunha viaxe inesquecible desde o máis fondo da imaxinación ata a máis sorprendente realidade.
A maxia encherá o espazo con emocionantes ilusións e momentos máxicos que deixarán a todos coa boca aberta. Os pequenos e pequenas poderán gozar cos trucos que desafian á lóxica e a gravidade, mentes que os adultos redescubrirán o seu sentido de asombro ante a maxia da infancia. Desde desaparicións ata transformacións incribles, ‘Da Imaxinación á Realidade’ ofrece un repertorio diverso que garante unha experiencia única para cada membro da audiencia.
O artigo Guitiriz acollerá o espectáculo de maxia ‘Momentos Máxicos’ de Jorge Lorenzo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies