Noticias y alertas

Amplíase o prazo de inscrición no campamento dixital de verán da Aula CeMIT

23/06/2025

A Aula CeMIT de Guitiriz amplía o prazo de inscrición nos campamentos dixitais de verán para a mocidade. As inscricións estarán abertas ata o luns 30 de xuño, pero xa están esgotadas as prazas para o mes de agosto, quedando vacantes para a quenda do próximo mes de xullo. Esta quenda será entre os días 14 e 24 de xullo, en horario de 10:30 a 13:30 horas.


Trátase dunha actividade organizada en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios na que os e as asistentes aprenderán sobre competencias dixitais. A formación é completamente de balde e está destinada á rapazada de entre 9 e 13 anos. As prazas son limitadas e a inscrición poderase realizar a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou no teléfono 982 37 00 62.


Máis información sobre os campamentos na seguinte ligazón:


https://concellodeguitiriz.com/a-aula-cemit-acollera-un-campamento-dixital-para-a-mocidade-durante-os-meses-de-veran/


O artigo Amplíase o prazo de inscrición no campamento dixital de verán da Aula CeMIT publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies