Noticias y alertas

A cativada do CEIP Santo Estevo de Parga presentará unha ópera este venres na Escola Habanera

26/06/2025

Este venres, 27 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Santo Estevo de Parga representará a ópera ‘No interior das tendas’ na Escola Habanera. A función conta con entrada libre e gratuíta e comezará ás 20:30 horas, aínda que se recomenda acudir con media hora de antelación para poder asistir á presentación do proxecto.


Nesta ópera, toda produción foi creada integramente polo propio alumnado coa axuda do profesorado do centro, asumindo todas as tarefas necesarias para levar a cabo unha ópera: desde a creación do guión ata a iluminación, a composición musical, a interpretación, o deseño de vestiario e o resto dos aspectos técnicos e artísticos. Cada estudante asumiu un rol específico, formando parte dunha estrutura organizativa que deu lugar á súa propia compañía de ópera, que leva por nome ‘As Conxuncións Compañía de Ópera’.


Esta iniciativa enmárcase dentro do Proxecto LÓVA, un programa educativo multidisciplinar no que estudantes de diferentes centros de ensino de toda España crean e xestionan as súas propias compañías. No caso do CEIP Santo Estevo de Parga, o grupo leva traballando na produción dende comezos de ano, e a intención é dar continuidade ao proxecto nos vindeiros cursos.


Ademais de achegarse ao mundo da ópera, os nenos e nenas desenvolven habilidades como o traballo en equipo, a toma de decisións colectivas, a resolución de problemas e a creatividade, converténdose nunha experiencia educativa completa e enriquecedora.


A de este venres será a terceira representación da obra. As anteriores tiveron lugar no propio CEIP Santo Estevo de Parga e no CEIP Plurilingüe Bragade de Cesuras. Con cada nova función, o espectáculo foi mellorando grazas ao esforzo e aprendizaxe do alumnado.



O artigo A cativada do CEIP Santo Estevo de Parga presentará unha ópera este venres na Escola Habanera publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies