26/06/2025
O Concello de Guitiriz abrirá o próximo martes, 1 de xullo, o prazo de matrícula para participar durante o curso escolar 2025-2026 en ‘Guitiriz Concilia’, o servizo de conciliación municipal da vida laboral e familiar dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
Esta actividade levarase a cabo en dous horarios diferentes, coas opcións de ‘Guitiriz Madrugador’ e ‘Parga Madrugador’ a partir das 8:00 horas, que se organizarán no CEIP Lagostelle e no CEIP Santo Estevo de Parga respectivamente, e a opción de ‘Concilia Tardes’, que será organizada no CEIP Lagostelle ata as 19:00 horas.
No primeiro caso búscase atender aos rapaces e rapazas antes da entrada na escola, mentres que no segundo cubrir o horario posterior ao colexio. A data de inicio será o luns 8 de setembro, estendéndose ata o 19 de xuño.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes e unha vez publicada a lista de admitidos/as e excluidos/as no servizo, as liquidacións serán enviadas ao correo electrónico que consta na solicitude. No caso de non ter constancia do mesmo, as persoas interesadas deberán persoarse no Concello para recoller o recibo correspondente. Será admisible o pago por TPV nas oficinas municipais.
A rapazada poderá participar nas propostas de actividades que se levan a cabo, xogar nos diferentes recunchos que se ofrecen ou realizar as súas tarefas escolares e estudar, se así o desexan. Favoreceranse actividades e propostas relacionadas co xogo grupal e non competitivo, relacionadas coa igualdade e o respecto pola contorna e pola natureza.
O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 31 de xullo. As familias interesadas poden presentar a documentación requirida a través da sede electrónica municipal ou de xeito presencial no Concello. Tamén poderán obter máis información no teléfono municipal 982 370 109.
SOLICITUDE CONCILIA CURSO 2025-2026
O artigo Guitiriz abrirá o próximo martes, 1 de xullo, o prazo para anotarse no servizo de conciliación para o curso 2025-2026 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies