30/06/2025
O Concello de Guitiriz vén de aprobar por unanimidade, nun pleno extraordinario celebrado este luns 30 de xuño, unha proposta conxunta do PSdeG-PSOE e do BNG para esixir á Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte a inmediata marcha atrás na decisión de pechar o Centro de Saúde de Parga durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Segundo recolle a proposta, a decisión do Sergas foi coñecida a través de canles non oficiais, sen comunicación formal previa nin xustificación algunha, o que o Concello considera un feito “lamentábel” e “un desprezo tanto para os usuarios e usuarias como para a propia institución municipal”.
A alcaldesa, Marisol Morandeira, manifestou no pleno que non recibiu comunicación oficial ata poucos minutos antes do seu inicio, subliñando a gravidade de que o peche se faga efectivo xa mañá, martes 1 de xullo.
A xestión do Centro de Saúde de Parga xa foi obxecto doutras polémicas no pasado, especialmente durante a pandemia, cando se intentou o seu peche definitivo, iniciativa que foi paralizada grazas á mobilización da veciñanza. Esta nova decisión, unida aos futuros cambios no persoal, cunha médica titular que se trasladará no próximo mes de outubro, a xubilación doutro facultativo en xullo e a presenza do ATS só garantida ata ese mes, alimenta o temor dun posible peche definitivo.
Desde o Concello cualifican esta decisión como “desproporcionada e carente de sentido”, lembrando que afecta directamente a máis de 1.500 persoas, que durante tres meses terían que desprazarse ao centro de Guitiriz para recibir atención sanitaria. Esta situación xeraría importantes molestias e un previsible incremento nas listas de agarda.
Por todo isto, o pleno do Concello de Guitiriz acordou por unanimidade:
O Concello reafirma así o seu compromiso coa defensa dos dereitos sanitarios da veciñanza e co mantemento dun servizo público esencial no rural.
O artigo O Concello de Guitiriz esixe ao Sergas que rectifique e manteña aberto o Centro de Saúde de Parga durante o verán publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies