01/07/2025
O Concello de Guitiriz publica o listado de persoas admitidas nas actividades de verán na piscina municipal. Neste 2025, realizarase un curso de natación, destinado á cativada nacida entre os anos 2013 e 2021 (ambos incluídos), e un curso de mantemento e rehabilitación acuática, destinado a persoas adultas.
As prazas foron adxudicadas por rigorosa orde de inscrición, con preferencia para os empadroados. As persoas admitidas deben saber que para realizar o cobro das liquidacións, as mesmas enviaranse ao correo electrónico achegado nas solicitudes. Tamén se poderán recoller na Casa do Concello, coa posibilidade de pagala por TPV ou a través da pasarela de pagos da páxina web do Concello de Guitiriz.
20250701_Outros_LISTADO ADMITIDOS ACTIVIDADES PISCINA 2025-1
O artigo Listado de persoas admitidas e en lista de agarda nas actividades de verán na piscina municipal 2025 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies