O prazo para realizar a matrícula para novas prazas na Escola de Música Municipal de Guitiriz para o curso 2025/2026 estará aberto desde mañá, martes 8 de xullo, ata o martes 22 de xullo. Este prazo será unicamente para a novas prazas na Escola de Música.
Ofértanse as seguintes disciplinas:
- Iniciación musical (de 3 a 7 anos).
- Instrumento e Linguaxe Musical (a partir de 8 anos).
- Banda Municipal.
- Agrupación Moderna.
- Grupo Municipal de Gaitas.
- Agrupacións para adultos.
*Modalidade de iniciación musical gratuita para todo o curso.
As inscricións poderanse formalizar pola Sede Electrónica ou de xeito presencial no Rexistro do Concello de Guitiriz.
Para máis información, na Casa do Concello ou chamando ao 982 37 01 09.
DESCARGA SOLICITUDE MATRÍCULA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA 2025-2026