Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz impulsa varias actuacións para mellorar as infraestruturas e servizos a través dun convenio coa Deputación de Lugo

22/08/2025

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá executar varias actuacións en distintas parroquias e instalacións municipais do Concello de Guitiriz, cun investimento total de 264.332 euros, dos cales a institución provincial achega 250.000 euros.


A rexedora destacou que este acordo “é unha oportunidade fundamental para avanzar na mellora das infraestruturas e servizos que empregan a diario os nosos veciños e veciñas, atendendo tanto ás necesidades do rural como da vila”. As actuacións chegarán a 10 das 18 parroquias do municipio, o que supón unha importante cobertura territorial.


Un dos eixes centrais do convenio céntrase na mellora de accesos e camiños nas parroquias, cun investimento global de máis de 100.000 euros. Entre as obras previstas figuran os arranxos nos camiños dos Ares e Revolta (Os Vilares), A Locencia e o acceso da LU-170 a Mirón de Abaixo (San Salvador), Recimil (Becín), Brañicas a Pena do Leito (Santa Mariña), Ameixeiras (Santa María), A Pena Redonda (O Vilar) e A Castiñeira (Pígara).


Ademais, o convenio inclúe accións orientadas á conservación e mellora das infraestruturas municipais. Entre elas, a adquisición de sinalización vertical, maquinaria para o mantemento de espazos verdes (como un cortacéspede e un cortasetos) e material específico para a conservación viaria, cun investimento próximo aos 40.000 euros. Tamén se destinarán outros 40.000 euros ao mantemento e axardinamento da praza do Campo da Feira, situada no centro da vila.


Así mesmo, o acordo permitirá realizar melloras en instalacións clave para a vida municipal, como a modernización dos sistemas de bombeo da EDAR. Ademais, investirase máis de 30.000 euros na reparación da cuberta da escola de Pardiñas e na cuberta das bancadas do campo de fútbol Suso Cruz.


Logo da sinatura do convenio coa institución provincial, a alcaldesa Marisol Morandeira subliñou que estas actuacións “son un paso máis na aposta do Concello por fixar poboación, mellorar a calidade de vida e dotar de servizos dignos ao noso rural e á nosa vila”.


O artigo O Concello de Guitiriz impulsa varias actuacións para mellorar as infraestruturas e servizos a través dun convenio coa Deputación de Lugo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies