Noticias y alertas

Dezaoito clubs participarán no II Torneo Concello de Guitiriz de ximnasia rítmica

09/09/2025

O Concello de Guitiriz e o Club Violeta de ximnasia rítmica organizan, o domingo 28 de setembro, o II Torneo Concello de Guitiriz de ximnasia rítmica, que contará coa participación dun total de 18 clubs de toda Galicia.


O campionato, que se celebrará no pavillón Jonathan Carro Paz, comezará ás 10 horas e estenderase ata preto das 14 horas, momento no que terá lugar o desfile e a entrega de medallas. Competirase en conxuntos nivel base e absoluto e en individual copa base (masculino e feminino).


Os clubs que participan son: Club Ximnasia Porriño, Club Saraiba E.D. Poio, Club Violeta, Club Viravolta Santiago, Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela (CDX Compostela), Club Rítmica Coruña, Club Rítmica Milenium / Escuela Milenium, Ximnasia Oleiros Rítmica e Estética / Ximnasia Oleiros, Club Biqueira, Club Pontus Veteris, Escola Ximnasia Porta Norte, Club Marusia Ourense, Club Vilarousa Ximnasia / Ximnasia Arousa, Club Escola Rosalía, Club Arnela, Club Rítmica Ausarta, Club Quicela, CDR As Pontes.


O artigo Dezaoito clubs participarán no II Torneo Concello de Guitiriz de ximnasia rítmica publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies