11/09/2025
A Aula CeMIT de Guitiriz abre o prazo de inscricións nos talleres de informática 2025-26 mañá, venres 12 de setembro. O prazo estará aberto ata o próximo xoves 18 de setembro e as inscricións pódense formalizar na propia aula de xeito presencial sen custo algún.
As clases darán inicio o luns 6 de outubro e haberá varias quendas, dúas para persoas adultas e outras dúas para menores. As primeiras delas, as de adultos, serán os martes e xoves pola mañá, en horario de 10:15 a 12:15 horas, ou pola tarde, en horario de 16:15 a 18:15 horas. Por outra banda, as quendas para a rapazada dividiranse segundo a idade. Os nenos e nenas e 7 a 9 anos asistirán aos talleres os luns de 16:15 a 17:30 horas, mentres que os de 10 a 12 anos farano os mércores de 16:15 a 17:30 horas.
Para obter máis información sobre os cursos e consultar dúbidas pódese escribir aos enderezos electrónicos da Aula CeMIT (cemit.guitiriz@xunta.gal) e da biblioteca municipal (biblioteca@concellodeguitiriz.com), ou chamar por teléfono ao 982 370 062.
O artigo A Aula CeMIT de Guitiriz abre o prazo de inscricións nos talleres de informática 2025-26 mañá, venres 12 de setembro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies