12/09/2025
O Concello de Guitiriz abrirá este luns, 15 de setembro, ás 8:30 horas o prazo de inscricións para os cursos de cerámica e cestería 2025/26. O prazo de matrícula estará aberto en ambos casos ata o 26 de setembro e poderán formalizarse ben de xeito presencial, no rexistro do Concello, ou a través da sede electrónica (guitiriz.sedelectronica.gal/info).
O curso de cerámica levarase a cabo os xoves e os venres na aula de cerámica da Escola Habanera. As clases darán comezo o xoves 9 de outubro e estenderanse ata o mes de maio de 2026. Terán un prezo de 27 € ao mes.
O curso de cestería levarase a cabo os xoves de 16:30 a 18:30 horas no soto da Escola Habanera. As clases darán comezo o xoves 9 de outubro e estenderanse ata o mes de maio de 2026. Terán un prezo de 27 euros ao mes.
As prazas son limitadas e terán preferencia para inscribirse as persoas empadroadas no Concello de Guitiriz.
AUTORIZACIÃ_N DOMICILIACIÃ_N CURSO CESTERIA AUTORIZACIÃ_N DOMICILIACIÃ_N CURSO CERÃ_MICA FICHA DE INSCRICIÃ_N CURSO DE CERÃ_MICA 2025.26 FICHA DE INSCRICIÃ_N CURSO DE CESTERÃ_A 2025.26
AUTORIZACIÃ_N DOMICILIACIÃ_N CURSO CERÃ_MICA
FICHA DE INSCRICIÃ_N CURSO DE CERÃ_MICA 2025.26
FICHA DE INSCRICIÃ_N CURSO DE CESTERÃ_A 2025.26
O artigo O Concello abre este luns, 15 de setembro, o prazo de inscricións para os cursos de cerámica e cestería 25/26 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies