Noticias y alertas

Guitiriz abrirá o luns 22 de setembro o prazo de solicitudes para o servizo Concilia para o traslado ás actividades extraescolares

16/09/2025

O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns, 22 de setembro, o prazo de solicitudes para anotarse no servizo Concilia para o traslado de actividades extraescolares, destinado ás familias con nenos e nenas que precisen apoio para o traslado gratuíto por parte do Servizo de Conciliación do Concello ás actividades extraescolares do recinto escolar do CEIP Lagostelle de Guitiriz que se inician inmediatamente despois do horario lectivo.


As solicitudes poderanse presentar de xeito presencial na Casa do Concello ou a través da Sede Electrónica, desde o 22 de setembro ás 8:30 horas ata o venres 26 de setembro ás 14:00 horas.


O servizo iniciarase o 1 de outubro de 2025 e permanecerá activo ata o 29 de maio de 2026.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que con esta iniciativa “buscamos dar resposta a unha necesidade real das familias de Guitiriz, garantindo que os nenos e nenas poidan participar nas actividades extraescolares do CEIP Lagostelle sen que isto supoña unha carga engadida para os pais e nais”.


Na mesma liña, a rexedora subliñou que “desde o Concello seguiremos a traballar en iniciativas que favorezan a conciliación, porque sabemos que este é un dos principais retos que afrontan as familias hoxe en día”.


SOLICITUDE TRASLADO CRIANZAS


O artigo Guitiriz abrirá o luns 22 de setembro o prazo de solicitudes para o servizo Concilia para o traslado ás actividades extraescolares publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies