Noticias e alertas

Guitiriz abrirá este venres, 19 de setembro, o prazo de inscrición da sétima edición do Taller de Cantería

18/09/2025

O Concello de Guitiriz abrirá este venres, 19 de setembro, o prazo de inscrición da sétima edición do Taller de Cantería. A actividade conta con prazas limitadas, tendo preferencia as persoas empadroadas.


As matrículas estarán abertas ata o martes 30 de setembro, podéndose formalizar a través da sede electrónica municipal (guitiriz.sedelectronica.gal/info) ou no Rexistro Xeral do Concello a partir deste venres ás 8:30 horas.


O curso realizarase todos os sábados en horario de 10:00 a 13:00 horas, iniciándose o 10 de outubro e estendéndose ata o mes de maio do próximo ano 2026.


FICHA DE INSCRICIÓN TALLER DE CANTERÍA 2025.26


O artigo Guitiriz abrirá este venres, 19 de setembro, o prazo de inscrición da sétima edición do Taller de Cantería publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies