Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz abre o vindeiro luns, 22 de setembro, o segundo prazo de matrícula para a Escola Infantil Municipal 2025/2026

19/09/2025

O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns, 22 de setembro, o segundo prazo de matrícula para a Escola Infantil Municipal 2025/2026. En total, quedan oito prazas, catro no Grupo de 0-3 e outras catro no grupo 2-3.


As solicitudes poderanse presentar de xeito presencial, acudindo ao Concello, ou de forma telemática, a través da Sede Electrónica Municipal. O prazo abrirá a partir das 8:30 horas do próximo luns e permanecerá aberto ata o 3 de outubro.


Para máis información, pódese consultar o apartado dedicado na sección de Benestar Social da páxina web do Concello de Guitiriz, onde tamén se atopan o regulamento e as solicitudes.


O artigo O Concello de Guitiriz abre o vindeiro luns, 22 de setembro, o segundo prazo de matrícula para a Escola Infantil Municipal 2025/2026 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies