Noticias y alertas

O programa Guitiriz en Ruta volve este domingo, 28 de setembro, coa saída O Vicedo–Espasante

22/09/2025

O programa Guitiriz en Ruta 2025 volve este domingo, 28 de setembro, logo do parón realizado durante os meses de verán. Nesta ocasión, as e os participantes realizarán o percorrido O Vicedo-Espasante, correspondente á etapa 7 do Camiño Natural da ruta do Cantábrico.


A ruta consistirá nunha andaina duns 20 quilómetros de dificultade baixa, que se desenvolverá durante toda a xornada. As persoas participantes poderán gozar das espectaculares vistas do litoral e realizarán o xantar durante o propio percorrido, polo que é moi importante levar comida, bebida e calzado cómodo.


O itinerario comezará no porto do Vicedo e rematará no porto de Espasante (Concello de Ortigueira), pasando por lugares emblemáticos como os acantilados de Loiba ou o porto do Barqueiro. Gran parte da andaina discorrerá bordeando o mar, atravesando acantilados e praias.


A saída do autobús está programada para as 9:00 horas desde a Praza do Campo da Feira de Guitiriz, coa chegada prevista arredor das 19:00 horas.


Ao tratarse dunha saída fora do concello, as inscricións terán un prezo de 5 euros para persoas empadroadas, 10 euros para non empadroadas e gratis para os menores de 14 anos. A ruta é aberta ao público en xeral, pero os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta.


As inscricións estarán abertas ata o xoves, 25 de setembro, ás 15:00 horas. Poderanse formalizar de xeito presencial no Concello ou chamando por teléfono ao 982 37 01 09.


O artigo O programa Guitiriz en Ruta volve este domingo, 28 de setembro, coa saída O Vicedo–Espasante publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies