Noticias y alertas

A Aula CeMIT acollerá unha formación sobre banca dixital do 29 de setembro ao 2 de outubro

23/09/2025

A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz organizará a partir do vindeiro luns, 29 de setembro, unha formación gratuíta sobre banca dixital, destinada a achegar á cidadanía os coñecementos básicos necesarios para utilizar con seguridade e confianza os servizos habituais da banca electrónica, así como o manexo dos caixeiros automáticos. Esta formación estenderase ata o 2 de outubro e realizarase en horario de 10:30 a 12:30 horas.


A actividade forma parte do proxecto #MiBancaDigital e desenvolverase cun enfoque práctico, grazas ao uso de simuladores que permitirán ás persoas asistentes practicar operacións comúns.


Impartiranse contidos como recoñecer as vantaxes que ofrece a banca por Internet; identificar un sitio seguro para realizar as transaccións económicas oportunas; coñecer, localizar e pór en práctica os principais servizos que ofrecen as entidades bancarias a través de internet ou a utilización do caixeiro automático.


As prazas están limitadas a 8 usuarios, polo que será necesaria inscrición previa. As persoas interesadas poden anotarse ata o venres, 26 de setembro, a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou chamando ao teléfono 982 37 00 62, onde tamén se pode solicitar máis información.



O artigo A Aula CeMIT acollerá unha formación sobre banca dixital do 29 de setembro ao 2 de outubro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies