23/09/2025
O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns, 29 de setembro, o prazo para anotarse no Taller Estimulación Cognitiva e da Memoria. Nesta proposta, realizaranse actividades de atención, ximnasia cerebral, concentración, memoria e lóxica.
As inscricións estarán abertas ata o venres, 10 de outubro, ou ata completar as prazas dispoñibles. Para anotarse, basta con acudir de xeito presencial ao Concello ou presentar a inscrición a través da Sede Electrónica municipal.
En total haberá dous grupos. Un en Guitiriz, que será os venres a partir do 17 de outubro na Escola Habanera ás 11:30 horas, e outro en Parga, que será os xoves a partir do 16 de outubro na Escola das Nenas (Campo da Feira) ás 11:00 horas.
O artigo O Concello de Guitiriz abrirá o luns 29 de setembro o prazo para anotarse no Taller Estimulación Cognitiva e da Memoria publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies