Noticias e alertas

Listaxe definitiva de persoas admitidas e en lista de agarda das Escolas Deportivas Municipais 2025/2026

24/09/2025

Os listados das persoas admitidas e en lista de agarda están elaborados por actividade e por rigorosa orde de rexistro de entrada.


Na actividade de Fútbol Sala están todos os nenos e nenas admitidos/as, nas súas correspondentes categorías.


Na actividade de “Zumba” Infantil e nos grupos 1 e 2 de Pádel, non saen os listados de admitidos/as debido a que non se chega ao número mínimo de participantes en cada grupo. Abrirase de novo o prazo de inscrición para cubrir as prazas, completar os grupos e poder realizar a actividade.


Tamén se abrirá de novo o prazo de inscrición para cubrir as vacantes que quedan nas diferentes actividades.


As persoas admitidas que se queiran dar de baixa, antes de empezar a actividade, poden facelo ata o martes 30 de setembro pero están obrigadas a aboar a cota de matrícula igualmente.


No caso de haber baixas nos distintos grupos, as prazas vacantes iranse cubrindo coas persoas da lista de agarda por rigorosa orde de rexistro de entrada.


LISTADO DEFINITIVO PERSOAS ADMITIDAS-LISTA DE AGARDA EDM 2025-2026


O artigo Listaxe definitiva de persoas admitidas e en lista de agarda das Escolas Deportivas Municipais 2025/2026 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies