Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz abrirá o luns, 29 de setembro, o prazo de inscrición nas clases de baile para maiores de 50 anos

26/09/2025

O Concello de Guitiriz abrirá o luns, 29 de setembro, o prazo de inscrición para participar nas clases de baile dirixidas a persoas maiores de 50 anos.


Esta actividade desenvolverase no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro todos os martes e xoves a partir do 4 de novembro, data na que comezarán as sesións. As clases terán lugar a partir das 18:00 horas.


O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de outubro ou ata completar aforo, podendo formalizarse de dúas maneiras: acudindo de xeito presencial ao propio Concello ou a través da Sede Electrónica municipal (guitiriz.sedelectronica.gal).


As persoas interesadas deberán presentar a solicitude cumprimentada, dispoñible para a súa descarga na parte de abaixo de esta nova, e aboar unha taxa de 17 euros. No caso de que o número de persoas inscritas supere as 15, a taxa reducirase a 15 euros por participante.


Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 37 01 09 ou consultar a páxina web oficial do Concello de Guitiriz.


SOLICITUDE CLASES DE BAILE SENIOR


O artigo O Concello de Guitiriz abrirá o luns, 29 de setembro, o prazo de inscrición nas clases de baile para maiores de 50 anos publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies