Noticias y alertas

Guitiriz convértese no epicentro galego da Ximnasia Rítmica coa celebración do II Torneo do Concello

28/09/2025

O Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz acolleu esta mañá de domingo, 28 de setembro, o II Torneo Concello de Guitiriz de Ximnasia Rítmica, unha cita deportiva que reuniu a 18 clubs chegados de diferentes puntos de Galicia. Ao longo da xornada desenvolvéronse competicións nas modalidades de conxuntos nivel base e absoluto e en individual base, tanto en categoría feminina como masculina, ofrecendo un amplo espectáculo deportivo e de talento.


No individual feminino nivel base proclamáronse campioas Lara Fortes, do Club Pontus Veteris (prebenxamín); Sofía Otero, do Club Vilarousa Ximnasia (benxamín); Valentina Campos, do Club Rítmica Ausarta (alevín); Sara Alvarado, do Club Rítmica Milenium (infantil); Martina Villalba, tamén do Club Rítmica Milenium (cadete); e Lucía Casilla, do Club Ximnasia Porriño (xuvenil).


Pola súa parte, no individual masculino nivel base os gañadores foron Sergio Peón, do CDR As Pontes (alevín); Daniel Rey, do Club Viravolta Santiago (infantil); Iván Gutiérrez, do CDXR Compostela (cadete); e Cosme González, tamén do CDXR Compostela (xuvenil).


En conxuntos nivel absoluto acadaron o primeiro posto o Ximnasia Oleiros Rítmica e Estética (infantil), o Club Viravolta Santiago (junior) e o Club Ximnasia Porriño (senior). No caso dos conxuntos nivel base, os vencedores foron o Ximnasia Oleiros Rítmica e Estética (benxamín), o CDXR Compostela (alevín), o Club Viravolta Santiago (infantil), o CDXR Compostela (cadete) e o Club Viravolta Santiago (xuvenil).


A xornada deportiva culminou coa entrega de trofeos, na que participaron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e a concelleira de Servizos Sociais, Sofía Sánchez, quen felicitaron ás e aos deportistas polo seu esforzo e desempeño.


O artigo Guitiriz convértese no epicentro galego da Ximnasia Rítmica coa celebración do II Torneo do Concello publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies