Noticias e alertas

Aberto o novo prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais 2025/26

03/10/2025

O Concello de Guitiriz vén de abrir un novo prazo de inscrición para cubrir as prazas vacantes das Escolas Deportivas Municipais 2025/26. O período estará aberto desde o luns 6 de outubro, a partir das 8.30 horas, ata o venres 17 de outubro ás 23.59 horas, e as solicitudes poderán presentarse tanto a través da Sede electrónica como de forma presencial no Rexistro do Concello.


As persoas admitidas neste prazo de inscrición iniciarán as actividades no mes de novembro, en función das prazas dispoñibles en cada disciplina. Os horarios serán os recollidos no folleto informativo publicado polo Concello.


A oferta inclúe prazas en modalidades como pádel, fútbol sala, pilates, ximnasia para adultos, zumba infantil, patinaxe, ximnasia rítmica, tenis de mesa ou atletismo/campo a través.


O programa de Escolas Deportivas Municipais pretende fomentar a práctica de actividade física e deportiva en todas as idades, ofrecendo un amplo abano de opcións tanto individuais como colectivas.


O artigo Aberto o novo prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais 2025/26 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies