Noticias y alertas

Preto de 30 vehículos participaron no XXI Rally Rías Altas Clásico do Concello de Guitiriz

06/10/2025

Este sábado celebrouse en Guitiriz o XXI Rally Rías Altas Clásico, que contou con preto dunha trintena de participantes. A proba foi organizada polo Concello, o Moto Club Coruña-Escudería Centollo e o Iberik Gran Balneario de Guitiriz.


O municipio chairego foi o epicentro da competición, que contou cun percorrido de 140 quilómetros e que tamén cruzou os concellos de Outeiro de Rei, Begonte, Friol e Lugo. A cita congregou en Guitiriz a equipos de varias escudarías de clásicos chegados de toda Galicia.


A carreira, que foi unicamente de tarde, deu inicio ás 16:00 horas desde a praza do Campo da Feira e finalizou coa chegada, horas despois, ao Iberik Gran Balneario de Guitiriz, onde posteriormente realizouse unha cea de confraternidade entre os participantes e os representantes das distintas institucións.


Ademais, na xornada matutina, os competidores participaron nun campionato en simulador, instalado na praza do Campo da Feira. Pola tarde, e mentres transcorría a competición, este simulador estivo á disposición da veciñanza, que puido experimentar unha sensación similar á dos pilotos.


Nesta ocasión, o primeiro posto foi para o vehículo de Audi Coupe GT do piloto José Manuel Mosquera e do copiloto José Manuel Ferreiro, da escudería Arenteiro Clásicos.



O artigo Preto de 30 vehículos participaron no XXI Rally Rías Altas Clásico do Concello de Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies