Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz abre o mércores 8 de outubro o prazo para anotarse nunha viaxe a Asturias

06/10/2025

O Concello de Guitiriz abre este mércores, 8 de outubro, o prazo de inscricións para participar nunha viaxe a Asturias programada para o martes 21 de outubro.


Trátase dunha actividade organizada por Lucsa Viaxes coa colaboración do Concello na que se visitarán municipios como Luarca ou Cudillero. A saída será de día completo, partindo cara o Principado ás 8:30 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz e regresando ás 21:00 horas.


As inscricións, que contan cun prezo de 45 euros por persoa, estarán abertas ata o 17 de outubro de xeito presencial, acudindo á Oficina de Turismo no Concello. O prezo inclúe o transporte, o almorzo e un xantar, que constará de entrantes, fabada, xamón asado, sobremesa e café.


Hai prazas limitadas, pero será preciso que se anoten un mínimo de 40 persoas. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Guitiriz. Para máis información, pódese contactar no número de teléfono 982 37 01 09.


O artigo O Concello de Guitiriz abre o mércores 8 de outubro o prazo para anotarse nunha viaxe a Asturias publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies