Noticias y alertas

O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ volve este domingo coa Ruta do Lado Oscuro

07/10/2025

O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ retoma a súa actividade este domingo, 12 de outubro, logo do parón estival, coa celebración da Ruta do Lado Oscuro. O programa, posto en marcha polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club Btteiros Cova da Serpe, ofrecerá nesta ocasión un novo percorrido pensado para os afeccionados á bicicleta de montaña.


A ruta terá unha distancia aproximada de 20 quilómetros e uns 200 metros de desnivel, cun itinerario que discorrerá polas pistas das parroquias do Buriz, Labrada e Os Vilares. A saída está prevista para as 10:00 horas desde o Campo da Festa do Buriz.


As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o xoves, 9 de outubro, a través dun formulario en liña.


Esta será a quinta saída da sétima edición do programa, que ano tras ano continúa a consolidarse con grande éxito entre a veciñanza. Lémbrase que é obrigatorio levar casco, ademais de aconsellable portar auga e unha peza de froita para a ruta.


Sétima edición do ‘Btteando por Guitiriz’


Ademais desta saída, o programa recolle outras dúas antes de que remate este 2025: a Ruta Gravel Guitiriz (16 de novembro) e a Ruta de Nadal (14 de decembro). Sempre pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou a outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible.


O artigo O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ volve este domingo coa Ruta do Lado Oscuro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies