Noticias y alertas

O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ regresa con forza tras o verán e reúne a medio centenar de participantes na Ruta do Lado Oscuro

13/10/2025

Ata medio centenar de persoas participaron na volta do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, celebrado o pasado domingo, 12 de outubro. Logo do parón estival, o programa organizado polo Concello de Guitiriz coa colaboración do club Btteiros Cova da Serpe retomou a súa actividade cunha das rutas máis concorridas desta sétima edición.


Nesta ocasión, os e as participantes realizaron a Ruta do Lado Oscuro, un percorrido circular de 20 quilómetros con saída desde o Campo da Festa do Buriz. O itinerario discorreu polas pistas e sendeiros das parroquias do Buriz, Os Vilares e Labrada, incluíndo unha parada especial na casa do poeta Díaz Castro, onde o grupo puido facer unha breve visita.


Ao longo do percorrido houbo tamén paradas de avituallamento, nas que os e as ciclistas aproveitaron para repoñer forzas e compartir momentos de convivencia. O bo tempo acompañou durante toda a xornada, o que contribuíu ao éxito da actividade.


 O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ continuará próximos meses con dúas propostas antes de que remate o ano; a Ruta Gravel Guitiriz (16 de novembro) e a Ruta de Nadal (14 de decembro).



O artigo O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ regresa con forza tras o verán e reúne a medio centenar de participantes na Ruta do Lado Oscuro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies