Noticias y alertas

O Concello remata varias actuacións dentro do Plan Deputación 2025 e anuncia novos proxectos de mellora viaria e de infraestruturas

15/10/2025

O Concello de Guitiriz vén de finalizar diferentes actuacións incluídas dentro do Plan Deputación 2025. Estes traballos consistiron no acondicionamento de accesos e viais en varios puntos do municipio, contando cun orzamento total de 87.763,04 euros, financiado integramente pola Deputación de Lugo.


En concreto, realizouse o acondicionamento dos accesos a Samesode (San Salvador) e á rúa San Xosé (Parga), cun investimento de 30.832,49 euros; o acondicionamento do acceso en Os Candedos (As Negradas), cun orzamento de 13.859,29 euros; e o acondicionamento do vial de Fontecribo a Rego Pequeno e os accesos a Abeleira e San Cibrao, cun investimento de 43.071,26 euros. Estas intervencións permitiron mellorar o estado do firme e a seguridade viaria, ademais de facilitar o acceso ás distintas zonas rurais do concello.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, quixo agradecer a colaboración da Deputación de Lugo, ao tempo que subliñou a importancia deste tipo de investimentos para seguir avanzando na mellora das comunicacións e dos servizos municipais: “Estamos a traballar para que todos os veciños e veciñas, tanto do centro urbano como das parroquias, conten con infraestruturas de calidade. Estes proxectos son un paso máis para facer de Guitiriz un concello máis accesible e mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”.


Máis actuacións nos próximos meses


Ademais destas actuacións, xa rematadas, dentro do Plan Deputación 2025 o Concello de Guitiriz contempla novas intervencións que se executarán nos próximos meses.


Entre elas, atópase a renovación do vestiario da nave municipal situada no Parque Empresarial, unha obra que conta cun investimento de 36.101,85 euros e que xa se está levando a cabo. Por outra banda, tamén se realizará o acondicionamento da finca e da zona de lavado de camións no Parque Empresarial de Guitiriz, cun orzamento total de 93.891,68 euros (dos cales 74.653,88 euros proceden da Deputación de Lugo e 19.237,80 euros de fondos propios). Xa para rematar, traballarase no acondicionamento do vial de Embande a Revolta, na parroquia de Pígara, cun orzamento de 83.497,95 euros.


En total, estas tres próximas intervencións contarán cun investimento conxunto de 213.491,48 euros.



O artigo O Concello remata varias actuacións dentro do Plan Deputación 2025 e anuncia novos proxectos de mellora viaria e de infraestruturas publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies