Noticias y alertas

A Escola Habanera celebra o Día das Bibliotecas co escape room ‘Misterio no laboratorio de Hogwarts’

20/10/2025

A Escola Habanera do Concello de Guitiriz conmemora o Día das Bibliotecas 2025 cunha actividade especial: un escape room titulado ‘Misterio no laboratorio de Hogwarts’, inspirado na famosa saga de Harry Potter.


A actividade terá lugar este venres, 24 de outubro, en horario de 18:15 a 19:15 horas. Trátase dunha iniciativa de balde, pero conta con prazas limitadas, polo que será necesario realizar unha inscrición previa. O prazo para anotarse remata o xoves, 23 de outubro. As inscricións pódense formalizar de xeito presencial na Biblioteca Pública Municipal ou chamando ao teléfono 982 37 00 62.


A proposta está destinada a nenos e nenas en idade escolar. Os menores de 8 anos deberán asistir acompañados dunha persoa adulta. Todos os participantes recibirán un doce agasallo como recordo da xornada.


O artigo A Escola Habanera celebra o Día das Bibliotecas co escape room ‘Misterio no laboratorio de Hogwarts’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies