20/10/2025
O programa ‘Guitiriz en Ruta’, organizado polas Escolas Deportivas Municipais coa colaboración do Concello de Guitiriz, continúa este domingo, 26 de outubro, coa Ruta das Bidueiras, que transcorrerá pola zona de San Breixo de Parga.
A saída está programada desde a zona de San Alberte, xunto á ponte, a partir das 10:00 horas, e o percorrido será de aproximadamente 12 quilómetros con dificultade baixa. A chegada está prevista arredor das 14:30 horas no mesmo punto de saída.
As inscricións estarán abertas ata este xoves, 23 de outubro, ás 15:00 horas. Poderanse formalizar no Concello de xeito presencial ou chamando por teléfono ao 982 37 01 09. Ao ser unha ruta dentro do concello a inscrición e gratuíta.
A ruta está aberta ao público xeral, pero os menores deberán ir acompañados por unha persoa adulta. Ao tratarse dunha actividade só de mañá, recoméndase levar algo para picar e auga.
O artigo O programa ‘Guitiriz en Ruta’ continúa este domingo, 26 de outubro, coa Ruta das Bidueiras en San Breixo de Parga publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies