21/10/2025
Este domingo, 26 de outubro, volven as tradicionais sesións de baile á Escola Habanera de Guitiriz, unha actividade xa consolidada que, ano tras ano, reúne a numerosos veciños e veciñas con ganas de pasar unha tarde divertida, chea de música e en boa compañía.
A cita celebrarase de 17:00 a 20:00 horas e está aberta ao público en xeral. Nesta ocasión, as persoas asistentes poderán gozar dunha actuación en directo de Javi Loureiro, que poñerá ritmo e ambiente á tarde.
Durante a sesión sortearanse varios agasallos entre as persoas participantes e realizarase unha pausa para compartir unha doce merenda. A entrada terá un prezo de 5 euros por persoa e poderá adquirirse no propio recinto o día do evento.
O artigo Este domingo 26 de outubro volven as sesións de baile á Escola Habanera de Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies