Noticias y alertas

O Concello levará a pleno a actualización da taxa de recollida de lixo, vixente desde o 2012

23/10/2025

O Concello de Guitiriz someterá a aprobación inicial, nun pleno extraordinario previsto para o vindeiro xoves 30 de outubro, a actualización da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo.


A normativa actualmente vixente entrou en funcionamento en febreiro de 2012 e, dende entón, non se producira ningunha modificación nas tarifas. Naquel momento, xa se establecía o pagamento da taxa en función das diferentes actividades económicas desenvolvidas, e na actualidade a maior parte dos suxeitos tributarios corresponden á tarifa de vivenda, cunha cota mensual de pouco máis de 4 euros.


O custo anual do servizo de recollida de lixo supera actualmente os 400.000 euros, polo que resulta necesario actualizar a taxa para garantir a sustentabilidade económica deste servizo público esencial.


Na actualidade, o Concello de Guitiriz presta un servizo de recollida separada dos distintos tipos de residuos, ademais dun servizo de recollida de enseres porta a porta, que se realiza como mínimo unha vez ao mes, un apoio especialmente importante para a veciñanza de maior idade. Recentemente incorporouse tamén persoal que, previa comunicación, recolle os enseres no lugar habilitado.


O municipio conta ademais cun punto limpo móbil, que se despraza polas distintas parroquias para facilitar o depósito de materiais, e cun servizo de recollida de plásticos agrícolas, dirixido ás explotacións do termo municipal. No conxunto do territorio municipal existen 1.062 contedores verdes e amarelos, así como contedores de papel e vidro na maioría das parroquias.


Se a proposta se aproba inicialmente, durante o período de exposición pública do texto, toda a veciñanza poderá presentar suxestións e achegas, mantendo o Concello a súa disposición para resolver dúbidas e ofrecer información, tal e como se vén facendo habitualmente.


O artigo O Concello levará a pleno a actualización da taxa de recollida de lixo, vixente desde o 2012 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies