Noticias y alertas

Máis de 30 persoas participan na Ruta das Bidueiras dentro do programa municipal ‘Guitiriz en Ruta’

28/10/2025

O programa municipal ‘Guitiriz en Ruta’, organizado polo Concello de Guitiriz, celebrou o pasado domingo, 26 de outubro, unha nova saída coa realización da Ruta das Bidueiras, na que participaron 32 veciñas e veciños que gozaron dunha agradable xornada de sendeirismo pola contorna de San Breixo de Parga.


Durante a actividade, os participantes completaron un percorrido de aproximadamente 14 quilómetros, con saída e chegada desde San Alberte. A primeira parte da andaina percorreu o tramo de San Alberte á Área Fluvial de Baamonde pola coñecida Ruta dos Caneiros, mentres que a segunda parte seguiu o Camiño Norte de Santiago, entrando posteriormente na Ruta das Bidueiras.


Ademais, realizouse unha pequena desviación para ascender ao vértice xeodésico do Monte do Fro, situado a uns 581 metros sobre o nivel do mar, desde onde o grupo puido contemplar unhas excelentes vistas da paisaxe.


A vindeira saída desta sétima edición do programa está prevista para o domingo, 30 de novembro, coa realización da Ruta dos Muíños do Río das Gándaras, no Concello de Vilasantar, que será a penúltima cita do calendario deste ano.


O artigo Máis de 30 persoas participan na Ruta das Bidueiras dentro do programa municipal ‘Guitiriz en Ruta’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies